Neste xardín, flúe o infinito ciclo da vida, que estimula os sentidos das e dos máis pequenos, ante os que se desprega un universo visual e sonoro que se transforma de forma constante.
Espectáculos para público de 1 a 3 anos.
Familias, Para público en xeral
22/04/2018
Xa rematou
11.30 e 13.00 h.
SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA
30 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 6€
Menores de tres anos: 2€
Capacidade reducida
**Todos os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada
Deixaremos a nosa pegada neste universo, deixaremos a nosa pegada no noso xardín. Este é un traballo poético de momento estático e de quietude dinámica, porque todo está parado e nada detén.
Concepto, coreografía e interpretación: Estrella García e Miguel Quiroga.
Música Orixinal: Miguel Pérez Iñesta e Emmanuelle Bernard.
VENDA DE ENTRADAS
DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE De luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
DESPACHO DE BILLETES DE ÁGORA Aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
TELEVENDA: 902 044 226 (De luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h)www.ticketea.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible