O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no recente libro publicado polo grupo "A bruxa Discordia", é unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto. Estará no Ágora o vindeiro 11 de outubro ás 18.30 h e é especialmente recomendado para nenas e nenos de máis de 4 anos.
Familiar
Familias, Para público en xeral
11/10/2017
Xa rematou
18.30 horas
1 hora
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuíto
A entrada será gratuíta mais é necesaria a inscrición en ticketea. Cada persoa poderá retirar até un máximo de 5 entradas, das que deberá cubrir o nome e apelidos de cada unha das persoas que asistirá ao evento. No día do concerto, será necesario achegar a entrada impresa ou en formato electrónico.
Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.
Discordia desfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada... pois xa se sabe que na familia haiche de todo.
Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.
"Que todos nun pispás,
compartan cos demais,
dando amor ao redor,
que en paz se vive ... mellooooooorrrrrr."
O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no recente libro publicado polo grupo "A bruxa Discordia", unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.
Ficha artística
Ficha técnica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible