Un espectáculo do grupo de Teatro do Ágora, en versión e dirección de Víctor Díaz Barús.
23/01/2015, de 20:30 a 22:30
Xa rematou
20.30 h.
Entrada libre ata completar a capacidade.
Madrid. A corte dos milagres. Miseria. Picardía. Envexa... Pero tamén nobreza, valentía, humor, dignidade, caridade e amor. Século XIX... século XX... século XXI... En moitísimos aspectos, o tempo non se moveu. Todo continúa igual... A humanidade, no seu máis intrínseco significado segue conxelada, inmóbil. E tres males eternos arrastran vitoriosos o seu fatídico reinado: a rapina, a impiedade e a miseria.
Autor: Benito Pérez Galdós.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible