Concello da Coruña

Concello da Coruña

Muller tiña que ser!

Acción enmarcada dentro do proxecto "Xénero e feminismos nas BMC Bibliotecas Municipais Coruña)

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/03/2018 ata o 31/03/2018

Inauguración o martes 6 de marzo ás 19:30 h

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 8:00 a 21:00 h

Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta

Televenda:

Ticketea

O acto será guiado por Estíbaliz Espinosa e amenizado polo grupo de jazz "Jazzup"

"As mulleres interésanse polos detalles"

Ás veces por detalles moi, moi pequenos como os átomos, os virus ou os cromosomas.

Margarita Salas (España, 1938)

Bioquímica que estudou un virus bacteriófago (virus que infecta soamente as bacterias) chamado phi29. É un virus moi simple que lle permitiu investigar como se duplicaba o ADN. Copiando o ADN, pódense facer millóns de copias de material xenético a partir de cantidades moi pequenas: unha pequena mostra de sangue, seme ou dun mamut fósil. Margarita Salgas é sen dúbida unha das figuras imprescindibles da nosa ciencia. Non só a súa investigación foi fundamental para entender un pouco máis sobre como funciona o virus phi29, senón que é a autora da patente máis rendible de España. É membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e da Real Academia Española da lingua.

Lise Meitner (Austria, 1878-Inglaterra, 1968)

Esta física participou no descubrimento da fusión nuclear. ademais de investigar a teoría atómica e a radioactividade. Non lle deron o Nobel que foi outorgado ao seu compañeiro de investigación, pero puxeron o seu nome a un elemento da táboa periódica: o meitnerio. Que detalle!

Barbara McClintok (EE.UU., 1902-1992)

Unha gran científica especializada no campo da xenética. Os seus resultados obtívoos a partir da investigación do millo, estudando o seu xenoma (as letras que compoñen o seu ADN). Descubriu o proceso de transposición de elementos do xenoma (xenes saltaricos) e empregouno para explicar como os xenes determinan certas características físicas. Obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1983.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión