Concello da Coruña

Concello da Coruña

O documental do mes - "A Good American. El precio de nuestra seguridad"

de Friedrich Moser

A quen vai dirixido?:

público en xeral

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/09/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h.

Rógase puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Duración:

100 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala

Televenda:

Ticketea

Austria | 2015 | 100 min

V.O. en inglés subtitulada en castelán

Ao final da Guerra Fría o matemático Bill Binney recibiu o encargo de liderar un equipo da Axencia de Seguridade Nacional (NSA) para crear un programa de vixilancia revolucionario. O programa ThinThread sería capaz de interceptar calquera sinal electrónico, filtralo por obxectivos e ofrecer resultados a tempo real sen invadir a privacidade.

O sistema era perfecto, soamente tiña un problema: era demasiado barato. Tres semanas antes do atentado das Torres Xemelgas, o programa suspendeuse. Tras o 11 de setembro, comeza a política de vixilancia masiva das comunicacións privadas da cidadanía e Binney abandona a NSA. O seu programa podería ter evitado o ataque terrorista no World Trade Center e, non só isto, tamén podería ter acabado coa acumulación innecesaria de datos que lles impide aos gobernos do mundo ser realmente efectivos na súa loita contra o terrorismo. A que prezo debemos pagar o noso dereito como cidadáns para ser protexidos?

VENDA DE LOCALIDADES:

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)

www.ticketea.com

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión