Convocatoria da nova tempada de outono do Programa de Lecer que se oferta no Centro Ágora. SORTEO N.º: 1067
Público en xeral
Para público en xeral
Dende o 01/09/2016 ata o 30/09/2016
Xa rematou
De outubro a decembro de 2016
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
COTA DE INSCRICIÓN: 30 € por taller (maiores de 65 anos: 21 €).
O Programa de Lecer que se oferta no Centro Ágora ten por obxecto dar alternativas ao tempo libre da cidadanía levando a cabo propostas innovadoras con actividades que, por unha banda, fomenten a formación da cidadanía con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece, incrementando a demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade, e, por último, fomentar a convivencia e a sociabilidad das persoas participantes.
Poden consultar a oferta de talleres no arquivo pdf que se achega.
Os pasos para poder participar son os seguintes:
- 5, 6 e 7 de setembro --> Preinscrición, que se poderá realizar de dúas formas:
Iniciarase o día 5 de setembro a partir das 9.00 h e finalizará o día 7 de setembro ás 20.00 h.
Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas
O día 9 de setembro ás 9.00 h publicarase a lista das preinscricións telemáticas co seu número de sorteo correspondente.
- 9 de setembro ás 10.00 h --> Sorteo, na conserxería do Ágora
- 12 de setembro --> Publicación de listaxes no Ágora, en internet e no 010
- 12, 13 e 14 de setembro --> Inscrición e aboamento
- 16 e 17 de setembro --> Serán chamadas as persoas en lista de espera.
- 19 e 20 de setembro --> Formalización da inscrición polas persoas avisadas da lista de espera
- A partir do 21 de setembro --> Inscrición libre en talleres con prazas vacantes
- Inicio dos talleres: a partir do luns 26 de setembro
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible