Concello da Coruña

Concello da Coruña

SIEMBRA de Angela Osorio e Santiago Lozano

O Turco é un home que deixou atrás a terra para ser forasteiro nunha cidade hostil á cal se sente alleo. Desprazado polo conflito armado, vive en Cali co seu fillo, quen, seducido pola vida urbana, atopa na cidade un futuro posible.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 25/04/2024, 26/04/2024, 27/04/2024

Xa rematou

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20:00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

82 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar a proxección debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programados.

• Unha vez comezado a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

A película "SIEMBRA" é un canto aos desarraigados que buscan unha esperanza de vida, e eríxese como unha obra suxestiva e emocionante. Unha poesía visual e sonora nun sensitivo branco e negro. Unha experiencia absorbente, coa forza atávica das orixes e o ímpeto do contemporáneo.

Unha narración audaz que che atrapa e que nunca sabes onde che conducirá; a historia como camiño vivo e vital. Todo co ritmo dos rituais, o beat das explosións musicais, cunha BSO sincrética que vai do hip hop ao ancestral. Os produtores de Los hongos, dobrando o risco da aposta, vólvennos a traer unha historia humana, lírica e sedutora, que xa sorprendeu e triunfou no Festival de Locarno.

Con Diego Balanta, Inés Granja

Colombia - 2015

82 minutos - VO

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (agás festivos)
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión