Este taller ten como obxectivo inculcarlles aos pais e ás nais a importancia dos beneficios dunha alimentación saudable, dieta equilibrada e control das emocións para poder mellorar a calidade de vida dos seus fillos e fillas.
Pais e nais, co/a bebé de 1-2 anos ou de 2-3 anos.
Os días 18/10/2014 ás 11:00 , 13/10/2014 ás 17:30 , 06/10/2014 ás 17:30 , 11/10/2014 ás 11:00
Xa rematou
Luns 6 (bebés de 1-2 anos) e luns 13 de outubro (bebés 2-3 anos) de 17.30 a19.00 h.
Sábado 11 (bebés de 1-2 anos) e sábado18 de outubro (bebés 2-3 anos) de 11.00 a 12.30 h.
Hora e media
Inscrición gratuíta (1 sesión).
Inscrición previa, máximo 15 familias (1 ou 2 adultos e o bebé) na conserxería do Ágora, dende unha semana antes de cada sesión.
Unha dieta saudable axúdanos a sentirnos ben, pois no intestino existen moitas terminais nerviosas que envían información ao cerebro e, polo tanto, previr alteracións intestinais así como levar unha dieta de boa calidade, axúdanos a manter baixo control as emocións.
A sesión dura hora e media, a primeira parte impartiraa unha enfermeira que coa colaboración dunha educadora e a través de distintas dinámicas e xogos promoverase a participación dos pais/nais cos seus fillos/as, para inculcar a importancia da alimentación saudable.
Na segunda parte de duración de 30 minutos realizarase unha parte totalmente práctica na que os pais en compañía dos seus fillos/as elaborarán un prato saudable en familia.
A dinamización do taller, xogos, actividades educativas será impartida por Belén Fernández Fernández, educadora especializada en neurocoaching, TIC, mediación, dinamización...
OBXECTIVOS:
TEMÁTICA:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible