Como cada ano, celebraremos a nosa gala de fin de curso con arredor de 120 alumnos/as de todas as idades. 'Woodstock, punto de encontro' é unha obra escrita e dirixida pola directora da compañía, Susana Crespo, un retroceso no tempo a unha época de reflexión e cambio, 1969.
Para público en xeral
02/07/2017
Xa rematou
19.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala).
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
5,00 euros
A obra conta a historia de cinco personaxes, persoas distintas, en diferentes circunstancias, e como se enfrontan a unha época de inxustas distincións clasistas, prexuízos raciais, unha guerra imposta que arrasaría con toda unha xeración de mocidade, políticas corruptas e unha sociedade de consumo sen límites. Todo isto provocará un movemento masivo de protesta contra o sistema levando os nosos personaxes a atoparse nun cruzamento de camiños. Un encontro inesperado entre cinco estraños que unirán o seu destino acudindo ao xa lendario concerto de Woodstock.
Unha obra chea de cor, música e danza!
COMPAÑÍA DE TEATRO O RUISEÑOR
Escrita e dirixida por Susana Crespo
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible