Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornada sobre o baile tradicional

Xornada organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos para unir esforzos e dar relevancia a unha parte moi importante na tradición galega como é a súa expresión corporal, o baile.

A quen vai dirixido?:

Persoas implicadas no sector do baile tradicional.

Cando:

25/10/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/10/2014 ata o 24/10/2014

Horario:

De 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíta.

A xornada, que se iniciará ás 10.30 horas, constará de relatorios, talleres de baile e unha mesa redonda para tratar o estado actual e o futuro do noso baile.

Xunto cos profesionais, estudosos, e persoas destacadas do sector, analizarase o estado do baile tradicional en Galicia. É fundamental potenciar o seu ensino e propoñer materiais, métodos e actividades que o acheguen non só ao ámbito das asociacións culturais, senón a educación oficial pública e privada.

Dende a AGG organizamos esta actividade, que cremos necesaria e de moita utilidade para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, xa que existe unha falta de espazos de debate para conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galicia. Por outra banda, existía tamén un gran baleiro de métodos e materiais didácticos, cuestión que se está solucionando, e que non pode ser doutra maneira que dándolle impulso dende xornadas deste tipo.

A asistencia á xornada é gratuíta.

INSCRICIÓN: pódese enviar un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto ou chamar ao teléfono 982 229 966.

Pódese consultar o programa completo no seguinte enlace: http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3273:programa-xornada-de-baile-tradicional-agg-25-outubro-2014-centro-agora-sala-9&catid=27&Itemid=18

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión