Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Carreras Populares

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

21 de marzo de 2019

Máis de 2.800 persoas participarán este sábado na carreira popular nocturna Torre de Hércules #QuerémonosVivas

A cuarta proba do circuíto Coruña Corre da tempada inclúe, por vez primeira, unha andaina solidaria non competitiva de 4 km. O Concello despregará un dispositivo especial de tráfico durante toda a tarde na contorna da Torre e no barrio de Durmideiras

A contorna da Torre de Hércules e o barrio de Durmideiras acollerán este sábado a celebración da IX Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas - Trofeo José Varela Calviño, que inclúe, por vez primeira, unha marcha non competitiva aberta a todos os públicos e que se enmarca na programación municipal do 8M Mulleres que transforman realidades. A cuarta proba do circuíto municipal Coruña Corre incorpora, esta edición, o carácter solidario, xa que todos os beneficios que se recaden a través de doazóns das e dos participantes tanto da carreira absoluta coma da andaina de catro quilómetros destinaranse, integramente, á investigación contra o cancro e as consecuencias desta doenza na vida das mulleres, a través dunha colaboración da Fundación Emalcsa coa Unidade de Mama do CHUAC e da Fundación Profesor Novoa Santos.

A carreira absoluta partirá, como é habitual, en horario nocturno. Comezará ás 21.15 horas e o grupo partirá do Paseo dos Menhires, xunto á estatua de Breogán, para achegarse, a través do Paseo Marítimo, á rotonda das Ánimas. Xunto ao Castelo de Santo Antón darán a volta para volver por Pelamios e encarar os últimos metros da carreira subindo a rampla que leva á Torre de Hércules, punto no que se situará, un ano máis, a meta. Unha vez finalice a saída da categoría absoluta, comezará a andaina solidaria, na que todas e todos os participantes portarán o dorsal 261, o mesmo número que levou Kathrine Switzer --imaxe da carreira municipal-- no Maratón de Boston de 1967. As e os asistentes desta marcha, non competitiva, farán un percorrido de catro mil metros, compartindo itinerario coas e cos atletas da proba absoluta. Ao chegar ao 2 km, o grupo dará a volta para dirixirse á meta.

Contra ás 22.30 horas terá lugar a entrega de premios da categoría absoluta, mentres que no caso das categorías inferiores --que se desenvolverán entre as 17.15 e as 19.20 horas-- a entrega será a partir das 19.40 horas. Ademais, durante toda a tarde, instalarase o Garabato de Xogos, un espazo con máis de 30 xogos construídos con material de refugallo e que está dirixido ás familias con nenas e nenos maiores de 3 anos.

Entre as distintas probas participarán 2.816 persoas. Para máis información sobre a Carreira Popular Torre de Hércules e o seu regulamento, ademais de servizos ás participantes --como gardarroupa e duchas, dispoñibles na cidade deportiva da Torre-- pódese consultar a páxina web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Recollida de dorsais e camisetas

A recollida de dorsais terá lugar o venres 22 --de 17.00 a 21.30 horas-- e o sábado 23 --desde as 10.00 horas até unha hora antes do comezo de cada proba-- na cidade deportiva da Torre. Todas aquelas persoas que fixeran a doazón solidaria que se destinará á investigación para a mellora da calidade de vida das mulleres con cancro de mama poderán recoller a súa camiseta conmemorativa #QuerémonosVivas. Para todas aquelas inscritas na proba pero que non fixeran a doazón durante o proceso de formalización da súa participación, poderán facer a súa achega  no espazo instalado para tal finalidade na cidade deportiva, na que tamén se dará coa doazón --e até esgotar as unidades-- a camiseta da carreira.

Dispositivo de tráfico

O desenvolvemento da IX Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas provocará modificacións na circulación do tráfico. Así, entre as 15.00 e as 23.30 horas, cortarase totalmente a circulación no Paseo dos Menhires. No caso do Paseo Marítimo, desde a glorieta de Durmideiras até As Ánimas, o corte será entre as 21.00 e as 22.00 horas, na calzada máis afastada da beira do mar, e de 21.00 a 22.30 horas na máis próxima. Durante este espazo de tempo, manterase un carril de tráfico aberto desde Metrosidero-Julio Portela Ceballos-Paseo Marítimo Ánimas.

No caso do viario de acceso a Durmideiras, o corte total producirase entre as 21.15 e as 21.35 horas para o paso inicial da carreira. Contra ás 21.35 horas habilitarase un carril para o tráfico, e a Policía Local dará tráfico alternativo de entrada e saída até as 22.30 horas. Por outra banda, na rúa Juan Sebastián Elcano --desde o hotel até o viario de acceso a Durmideiras-- producirase o corte total de 21.15 a 21.30 horas, e na Regata Cutty Sark --desde o viario de acceso até o hotel-- o corte será de 21.15 a 22.30 horas. Por último, na rúa Veramar o corte será de 21.00 a 22.00 horas --mantendo o acceso a garaxes-- e o tráfico que veña do Paseo Marítimo, desde Riazor-Orzán, desviarase cara á avenida de Navarra.

Ademais, co gallo da celebración da proba, non estará permitido estacionar na rúa Juan Sebastián Elcano --desde o hotel até o viario de acceso-- entre as 19.00 e as 22.30 horas, ao igual que no Paseo dos Menhires, cuxa restrición --pola montaxe desde primeira hora da mañá da zona de saída e meta-- comezará ás 08.00 horas.

Documentos:

Circuíto categoría Absoluta (465 KB)

Circuíto carreiras menores (1 MB)

Botones sociales

  • Logo pie
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?