O populi que habitaba Elviña
Segundo Estrabón, Ptolomeo ou Plinio o Xove, os habitantes desta contorna eran coñecidos como ártabros ou arrotrebas. Este populi, denominación que se lles outorgaba a determinadas etnias con características homoxéneas que habitaban un territorio concreto, ocupaba a rexión actual do Golfo Ártabro: desde as terras bañadas polos ríos Mendo, Mandeo e Mero ata os inicios da Costa da Morte; nunha área que se limitaba, maioritariamente, ás terras costeiras ou relativamente próximas ao mar. Os ártabros, segundo Estrabón, eran ricos en metais (especialmente ouro), froitos e gando, sendo un pobo belicoso e dado ás actividades guerreiras.
Algúns autores consideran que o territorio ártabro puido ser a verdadeira referencia de orixe das coñecidas como Illas Casitérides, unha representación mitolóxica dun espazo no que existía unha inxente cantidade de ouro e estaño, cuestión que resulta coherente coas propias características deste territorio, no que existen abundantes filóns de estaño e tamén de ouro (na súa maioría, en depósitos aluviais, como acontece nos ríos Mero e Barcés; a pesar de que tamén existen filóns en primario). Coñécense, de feito, varias explotacións auríferas (no seu maior parte, xa de época romana) na conca media e alta destes ríos. Estrabón, de feito, menciona que os ártabros cribaban e removían a súa auga con anciños para poder obter o ouro en pebidas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible