Fotografía aérea das construcións da segunda terraza e o acceso suroeste á acrópole desde esta.
Un espazo por descubrir
A terraza máis pequena localízase entre as murallas da primeira e da terceira terraza, ocupando unha área estreita ao sur da croa.
Do mesmo xeito que a maior parte do castro, esta zona aínda non foi totalmente escavada e descoñecemos o que pode acoller no seu interior. Permanece practicamente intacta, esperando a que intervencións futuras poñan ao descuberto novas estruturas e materiais que acheguen máis información e coñecemento sobre este castro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible