Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival CoruñaMayúscula

O Festival CoruñaMayúscula é a celebración da palabra.

Cando:

Dende o 20/03/2013 ata o 24/03/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

folleto.pdf (1 MB)

Unha festa que durará cinco días (do 20 ao 24 de marzo de 2013) e onde queremos mostrar a diversidade de formas coas que a palabra se manifesta na actualidade: palabra lida, palabra papel, palabra electrónica, palabra tecnolóxica, palabra en movemento, palabra visual, mordida e masticada, palabra en imaxes, palabra ilustrada porque todo, sen dúbida, empezou cunha palabra.

Esta nova edición do Festival CoruñaMayúscula pretende consolidar A Coruña como unha cita anual para os creadores de todas as nosas comunidades autónomas (xa o foi na súa edición do ano anterior con máis de 30 autores de máis de cinco comunidades autónomas), un escaparate para os consumidores de palabras da nosa cidade e un espazo de intercambio de experiencias onde o programa de actividades sexa só unha referencia: a palabra pode ocorrer en calquera momento. Todo é palabra.

O principal obxectivo do Festival CoruñaMayúscula é mostrar a palabra en todas as súas manifestacións, así como divulgar o seu coñecemento entre o público xuvenil e adulto e crear un espazo de diálogo e reflexión entre a literatura e outras manifestacións artísticas como o teatro, a danza, a música, a fotografía, etc. Con esta iniciativa o Concello da Coruña pretende crear unha imaxe atractiva da literatura nos medios de comunicación e entre os nosos concidadáns, reflexionando sobre a presenza e importancia da palabra en gran parte das nosas actividades diarias.

Para iso o FCM 2013, do 20 ao 24 de marzo, contará coa presenza de máis de 25 autores, tan coñecidos como Manuel Rivas, Manuel Vilas, Santiago Roncagliolo, Fernando Marías, Yolanda Castaño e outros, non tan coñecidos polo público en xeral, pero de recoñecido prestixio como Ada Salas, Kepa Murua, Jordi Corominas e un longo etcétera que lerán os seus propios textos para os alumnos de institutos de Ensino Secundario en horario de mañá.

A primeira actividade do FCM 2013 será a proxección da longametraxe Invasor (Daniel Calparsoro, 2012). Esta película, baseada na novela homónima de Fernando Marías e rodada na Coruña, foi producida por Vaca Films, unha produtora instalada na Coruña dende 2003 e que é a responsable, entre outros títulos, de Celda 211, tamén baseada nunha novela. Tras a proxección da película, a iso das 21.45 horas, establecerase unha charla-coloquio entre Javier Gullón (guionista da película), Fernando Marías (autor da novela) e Borja Pena (produtor).

Literatura con maiúsculas

http://www.corunamayuscula.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión