Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2019

Máis de 570 persoas beneficiáronse o pasado ano das accións formativas da UAMI, que buscan fomentar a inserción socio-laboral do colectivo migrante

O alcalde e a concelleira de Igualdade e Diversidade presidiron a entrega de diplomas deste servizo municipal, onde salientaron o papel da Coruña como Cidade Acolledora. “Ou acollemos ás persoas que solicitan refuxio, ou o que estamos é acollendo ao racismo”, apuntaron

O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presidiron esta mañá a entrega de diplomas ás persoas que realizaron durante o pasado ano algunha das accións formativas postas en marcha dende Unidade de Asesoramento ás Migracións (UAMI) para favorecer a inserción socio laboral deste colectivo, un 35% máis que en 2017. En total, 572 persoas beneficiáronse deste servizo (358 homes e 251 mulleres). Os cursos tratan tanto de aumentar a capacitación laboral destas persoas, como de sensibilizar ás empresas para a contratación de veciños e veciñas migrantes. "O que intentamos é apoiar e contribuír á incorporación ao mercado de traballo destas persoas, moitas das cales atópanse nunha situación de desvantaxe social. Con estes cursos fomentamos a empregabilidade pero, tamén, loitamos contra a discriminación e promovemos a igualdade de oportunidades", explicou a concelleira Fraga, que recordou que, durante o pasado exercicio chegaron a impartirse un total de 44 cursos formativos.

Os distintos cursos van dende a alfabetización dixital até a manipulación de alimentos, a formación en canto ao dominio de ferramentas para a busca de emprego ou a adopción de habilidades sociais para as relacións laborais. Cursos de cociña, de manexo de carretilla ou de seguridade no fogar son outros dos máis demandados polos e polas solicitantes. A concelleira salientou que, ademais dos itinerarios propiamente ofertados pola UAMI, "estes programas se desenvolven tamén coa colaboración doutros departamentos municipais como o CMIX, a OMIC e o servizo municipal de emprego, ademais de entidades sociais, como Médicos do Mundo".

Fraga tamén chamou a atención sobre o incremento de recursos destinado por parte do goberno local a UAMI, que o pasado ano atendeu, á marxe dos cursos, a un total de 1.145 persoas que realizaron 1.700 consultas, na súa meirande parte vinculadas ás autorizacións de residencia temporal e comunitaria, ademais de reagrupacións familiares. "En base aos compromisos adquiridos por este goberno local os servizos da UAMI pasaron hai uns meses a ofertarse no centro cívico dos Mallos, na procura dun espazo máis centralizado e accesible. Tamén aumentamos o persoal e puxemos en marcha un novo programa de reagrupamento familiar", apuntou a responsable municipal, que tamén indicou que, na actualidade, o executivo municipal ten en fase de licitación o novo contrato polo que se xestionará a Escola Intercultural da UAMI, e triplica o investimento no servizo, ao pasar de 35.000 a 103.000 euros anuais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión