Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de novembro de 2019

Neira destaca os 40 anos de traxectoria da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia)

A concelleira de Benestar Social participou na entrega de premios cos que o colectivo quixo agradecer o apoio de entidades e particulares ao longo de todos estes anos

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, participou esta tarde na entrega dos premios que a FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) outorgou polo seu 40 aniversario en homenaxe a aquelas entidades e particulares que traballan para que o colectivo mellore o seu día a día. Deste xeito, distinguiron ao Centro de Educación Especial Nuestra Señora del Rosario, na categoría educativa; á empresa Adolfo Domínguez, no apartado laboral; á Consellería de Política Social, pola seu labor social; e a Mercedes Santos, socia fundadora de Aspesor.

A edila destacou os catro decenios de vida dunha federación coa que quere manter un contacto permanente co fin de reforzar as súas iniciativas para que as persoas xordas, xordocegas ou con discapacidades auditivas teñan as mesmas oportunidades de emprego, para que no estean illadas en certos eventos e non choquen continuamente con barreiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión