Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Igualdad y diversidad

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

7 de marzo de 2019

O Concello celebra o Día Internacional das Mulleres cunha programación que se estende ao longo do mes de marzo e anima á veciñanza a sumarse á Folga Internacional Feminista

A praza de María Pita acollerá este sábado o Festival ‘Mulleres que transforman realidades’, que contará coa participación de Brassica Rapa, Mounqup, Marinah, Xiomara Fortuna e Pussy Riot

O Concello da Coruña celebra o Día Internacional das Mulleres coa programación Mulleres que transforman realidades, unha proposta diversa, transversal e aberta a todos os públicos, que pretende estender unha mirada reflexiva e reivindicativa ao longo de todo o mes de marzo. Tras a posta en marcha o pasado 28 de febreiro das primeiras actividades, ao longo do día de hoxe sucederanse as iniciativas nos centros cívicos, bibliotecas ou espazos coma o Teatro Rosalía Castro, que acollerá ás 20.30 horas a representación da obra Anatomía dunha serea. De cara á xornada de mañá, 8 de Marzo, o goberno local anima á veciñanza a participar na Folga Internacional Feminista, que pretende visibilizar e cuestionar o papel da muller no ámbito dos coidados, laboral, estudiantil e de consumo, así como a asistir á manifestación convocada polos colectivos feministas contra ás 19.30 horas no Obelisco.

No marco da programación municipal, este sábado 9 de marzo, terá lugar unha das actividades centrais, como é a primeira edición do festival Mulleres que transforman realidades, que comezará ás 20.00 horas na praza de María Pita. Sobre o escenario estarán músicas e artistas de diferentes contextos e estilos coma son Brassica Rapa, Mounqup, Xiomara Fortuna, Marinah de Ojos de Brujo e Pussy Riot. Ademais, o grupo local Sisters in the house, un coro formado integramente por mulleres, abrirá o concerto interpretando o tema Mis derechos de mujer para reivindicar, desde a música, actuar ante as violacións de dereitos humanos das mulleres en todo o mundo.  

Ademais, durante o desenvolvemento do festival, na propia praza de María Pita establecerase un Punto Violeta, novidade tamén este ano na programación municipal e que nace coma espazo de sensibilización, información e promoción da igualdade, que pretende fomentar a educación na diversidade a través da visibilización do papel das mulleres na cidade ou do asesoramento vinculado ás violencias machistas. No caso deste sábado, o Punto Violeta establecerase como un espazo de atención e prevención, mentres que os restantes Puntos Violetas, que se establecerán entre os días 11 e 15 de marzo, albergarán espazos informativos ou actividades de dinamización. Estes puntos estarán abertos á veciñanza en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas, na praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e nos centros cívicos de Monte Alto e Castrillón.

No marco destes Puntos Violeta, desenvolveranse á hora da súa dinamización diversos Cafés feministas, con conversas nas que participarán relatoras expertas e que xirarán arredor de diferentes temáticas. Así, o 12 de marzo, o centro ágora acollerá a primeira sesión, vinculada á folga feminista do 8M. Ao día seguinte, o mércores 13, o Fórum Metropolitano será o punto no que se aborde a violencia obstétrica. O xoves 14 no centro cívico de Monte Alto tratarase cuestións como as masculinidades e a corresponsabilidade, mentres que o venres 15, no Castrillón, tratarase o emprego e auto-emprego feminista. Todos estes cafés terán lugar ás 19.00 horas.

Teatro e cine

As artes escénicas tamén Na xornada de hoxe, xoves 7, a actriz Iria Pinheiro ofrecerá no Teatro Rosalía Castro a obra Anatomía dunha serea, unha peza de teatro documental construída sobre a súa experiencia persoal como muller, nai e vítima da violencia obstétrica. O sábado 9, ás 20.00 horas, as XL achegarán ao auditorio do Fórum Metropolitano o espectáculo músico-teatral Abandónate mucho, que deconstrúe o mito do amor romántico a través do humor. A entrada para esta proposta será gratuíta, pero deberase retirar con antelación no portal www.ticketea.com.

Esta tarde tamén comeza o ciclo de cine en versión orixinal Retratos de muller, que terá lugar, como é habitual, no equipamento municipal da rúa Río de Monelos. A Sala Marilyn Monroe ofrecerá esta semana, os días 7, 8 e 9,  a película Numéro Une, de Tonie Marshall, mentres que a semana que vén a quenda será de Migas de Pan, de Manane Rodríguez. Do 21 ao 23, proxectarase Como nossos pais, de Lais Bodanzky e, finalmente, do 28 ao 30 de marzo La novia del desierto, de Cecilia Atán. As entradas para cada sesión sairán á venda media hora antes da proxección, ou na propia conserxería do Fórum Metropolitano de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, e o sábado de 10.00 a 13.00 horas.

Deporte

Ademais da Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas, cuxo prazo de inscrición estará aberto até o 18 de marzo a través da páxina web  www.coruna.gal/carreiraspopulares, a programación municipal polo Día Internacional das Mulleres ofrece a posibilidade de participar, de xeito gratuíto, na xornada Escalada en feminino, que terá lugar este domingo, 10 de marzo, entre as 11.00 e as 13.00 horas no rocódromo de Riazor. A actividade, que se realiza en colaboración coa Asociación de Montañeros Independientes (AMI), diríxese a mulleres de todas as idades e pretender dar a coñecer esta disciplina deportiva entre a veciñanza.

Roteiro

A programación do 8M ofrece este ano a posibilidade de participar o sábado 16, entre as 11.00 e as 13.30 horas, na proposta As guerreiras dos dereitos na cidade de cristal, un roteiro teatralizado e gratuíto no que se relatará a conexión das mulleres e da cidade coa loita polos dereitos humanos e das mulleres. O percorrido, que será accesible para persoas con mobilidade reducida ou xordas, comezará na praza de Pontevedra e continuará cara á María Pita, previo paso por rúas como Orzán ou Panadeiras. A Concellería de Igualdade e Diversidade lembra que para participar nesta actividade poderase facer a inscrición previa a través do web www.coruna.gal/igualdade.

Bibliotecas

As bibliotecas municipais súmanse un ano máis á celebración do 8M. Logo da inauguración, o pasado 28 de febreiro, da mostra A saia raíña, estes días pode visitarse, na biblioteca do Fórum Metropolitano unha selección do fondo bibliográfico e documental de mulleres que fan da súa vida unha loita pola igualdade, mentres que na Biblioteca de Estudos Locais exporase a mostra bibliográfica Mulleres da Coruña, "que pretende dar a coñecer o labor de veciñas que fixeron, fan ou farán historia da cidade". A exhibición acompañarase dunha guía de lectura na que, xunto a unha pequena recensión de cada unha das mulleres seleccionadas, figurará outra bibliográfica dos materiais expostos. Ademais, neste mesmo espazo da rúa Durán Loriga, hoxe ás 19.00 horas, terá lugar a mesa redonda Ser muller, na que se pretender reflexionar sobre o camiño emprendido na procura da igualdade, das dificultades para acadala, do xa percorrido e do que queda aínda por avanzar.

Para máis información sobre todas as actividades promovidas pola rede de bibliotecas no marco da programación municipal do 8M, como as sesións de contacontos ou os faladoiros Mulleres moi tecnolóxicas e Enredámonos? Whatsapps, mocidade e ciberviolencias, pódese visitar tanto o web www.coruna.gal/bibliotecas.

Por outra banda, a Concellería de Igualdade e Diversidade lembra que a programación Mulleres que transforman realidades estenderase ao longo de todo o mes e inclúe, entre outras propostas, un faladoiro da activista Marcela Lagarde. O programa para consulta ou descarga en formato PDF está dispoñible na páxina www.coruna.gal/igualdade.

Documentos:

Programación 8M (3 MB)

Cartel Festival Mulleres que transforman realidades (6 MB)

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?