Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de abril de 2019

A Domus acollerá, desde o 9 de abril, a mostra 'Mulleres negras que cambiaron o mundo'

A iniciativa, promovida pola Concellería de Igualdade e Diversidade, visibiliza o labor de científicas como Kimberly Bryant, Gloria Twine Chisum ou Christine Daden

A Concellería de Igualdade e Diversidade promove este mes de abril, na Domus, a exposición Mulleres negras que cambiaron o mundo, unha iniciativa municipal que pretende, tal e como explica a edil Rocío Fraga, "visibilizar referentes ocultos por unha historia construída desde a masculinidade branca".

A mostra, impulsada pola área que dirixe Fraga, baséase no texto Mulleres negras na ciencia, de Zinthia Álvarez Palomino, un traballo que reúne 12 biografías ilustradas de mulleres científicas e que transformaron o mundo coas súas achegas, "pero que aínda son descoñecidas para unha parte da poboación", segundo explica a autora. A publicación, tal e como apunta Álvarez Palomino --co-fundadora da entidade Afrogalegas--, "ten como obxectivo recoñecer o traballo de mulleres negras e afrodescendentes que romperon con estereotipos de raza e xénero ao longo da historia". Así, tanto no libro como a través da exposición, a veciñanza poderase achegar ao labor de Kimberly Bryant, Gloria Twine Chisum ou Christine Darden, entre outras.

A mostra poderase visitar na Domus a partir das 19.00 horas no día 9, e estará aberta ao público até o 22 de abril. Para máis información sobre as actividades e programas da Concellería de Igualdade e Diversidade, pódese visitar www.coruna.gal/igualdade.

Documentos:

Cartel Mulleres negras que cambiaron o mundo (3 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión