Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de novembro de 2018

A programación do Festi= avanza coa estrea o vindeiro xoves 29 da sitcom sobre integración 'E do meu, que?'

A serie, impulsada pola Asociación Proxecto Máscaras, presentarase este xoves ás 17.30 no Salón de Sesións do Pazo de María Pita e proxectarase a partires das 19.00 horas no Teatro Rosalía

A programación expandida do Festival de Artes pola Inclusión Cultural Festi= achégase ao seu final tras máis dun mes de actividades inclusivas e abertas a toda a cidadanía. Este xoves, 29 de novembro, as artes audiovisuais son as protagonistas do festival coa presentación e estrea da sitcom E do meu, que?. A serie, exemplo de integración na temática e na realización, aborda a inclusión na vida pública e social dende o humor e a ironía.

A Asociación Proxecto Máscaras impulsa esta sitcom, dirixida por Iago González, tras o éxito da longametraxe documental Máscaras, do mesmo realizador. A nova peza forma parte do proxecto Na vida pública, a través do cal a entidade aborda a discriminación en diferentes eidos da vida social das persoas. A presentación de E do meu, que? co equipo será este xoves 29, ás 17.30 horas, no salón de sesións do Pazo de María Pita. De seguido, a partires das 19.00 horas, presentarase no Teatro Rosalía Castro. A entrada será libre até completar a capacidade do recinto municipal de Rego de Auga.  

E do meu, que? foi un dos proxectos seleccionados na segunda edición da convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva, posto en marcha polo Concello da Coruña a través da Fundación Emalcsa. O programa, que pretende favorecer a igualdade de oportunidades no acceso á cultura na cidade da Coruña así como a eliminación dos obstáculos para a plena participación de toda a cidadanía, conforma en grande medida a programación do Festi=, iniciativa na que tamén colaboran Naturgy, Repsol, Fundación Sabadell, Vegalsa e a Fundación María José Jove.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión