Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2023

Nove colexios coruñeses participan no peche das actividades escolares programadas polo Concello no marco do 8-M

O centro sociocultural Ágora acolleu o acto final dos obradoiros sobre mulleres artistas nos que participaron case 400 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria

A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, participou hoxe na clausura dos talleres 'Retratos de mulleres artistas, formas e cores', que se desenvolveu en marzo pasado en nove colexios da cidade no marco das actividades do 8-M, Día Internacional da Muller

Nos talleres participaron arredor de 380 nenos e nenas que, a través da obra de artistas como Maruja Mallo, Frida Kahlo, Georgia O'Keeffe ou Yayoi Kusama, puideron abordar e debater aspectos como os roles e estereotipos de xénero nas artes. 

Neira agradeceu aos mozos e mozas asistentes ao acto a súa participación nos talleres e puxo en valor o compromiso dos centros escolares da Coruña na loita pola igualdade, "un traballo no que o Concello vai da man cos educadores, as nais e pais e tamén o alumnado".

A clausura dos talleres, que contou coa intervención de dúas artistas coruñesas, a bailarina Sara Blanco e a música Candela Liste, pechouse coa entrega dun panel que recolle os momentos de traballo de cada un dos centros participantes.

Listaxe de centros educativos participantes:

  • CEIP Torre de Hércules
  • CEIP Plurilingüe Labaca
  • CEIP Concepción Arenal
  • CEIP Alborada
  • CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra
  • CEIP Sal Lence
  • CEIP Juan Fernández Latorre
  • CEIP Raquel Camacho
  • CEIP María Pita

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión