Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de febreiro de 2024

Haberá equipos de axuda no cruzamento da rúa Real coa rúa Agar, así como un punto violeta itinerante na rúa da Torre e a súa contorna

O Concello habilitará un dispositivo de puntos violeta durante o Entroido, reforzando a seguridade e prevención nos días de máis afluencia de persoas

Profesionais no eido da psicoloxía, así como expertos en igualdade e violencias machistas, ofrecerán asesoramento, atención e acompañamento entre o sábado 10 e o martes 13 de febreiro

O Concello da Coruña activará esta fin de semana un novo dispositivo de puntos violeta co gallo das festas do Entroido. Esta iniciativa, impulsada a través da Área de Benestar Social coa colaboración da Área de Seguridade Cidadá, forma parte das políticas activas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey para facer fronte á violencia de xénero.

En termos prácticos, os puntos violeta están ideados como espazos seguros para denunciar calquera situación de violencia sexual que se poida producir durantes grandes acontecementos ou festexos. Desta forma, un equipo integrado por tres persoas -unha ou un profesional de Psicoloxía, así como dúas persoas expertas en materia de igualdade e violencias machistas-, poderán informar sobre os recursos do Concello en materia de violencia de xénero, ofrecer atención e, no caso de ser preciso, acompañamento ás adolescentes, mulleres novas e adultas que sufran algún tipo de violencia de xénero. Ademais, nos puntos violeta tamén se informa sobre como poden actuar as persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas.

Neste sentido, o servizo dos puntos violeta préstase de dúas formas: a primeira, con puntos fixos, que se poden identificar ao estar dispostos con postos ao aire libre durante os eventos de grande afluencia de persoas e, a segunda, con equipos que traballan de forma itinerante.

Os días e horarios de actividade dos puntos violeta nas festas do Entroido

De cara ás festas do Entroido, habilitaranse puntos violeta entre o sábado 10 e o martes 13 de febreiro, coincidindo coas datas nas que se prevé unha maior afluencia de persoas nas actividades a pé de rúa.

Os días, horarios e localizacións dos puntos violeta serán os seguintes:

  • Sábado 10 a domingo 11, con atención de 21.00 a 01.30 horas: punto fixo no cruzamento da rúa Real coa rúa Agar.
  • Luns 12 a martes 13, con atención de 21.00 a 01.30 horas: punto fixo no cruzamento da rúa Real coa rúa Agar.
  • Martes 13, con atención de 19.30 a 00.00 horas: equipo itinerante, que percorrerá a rúa da Torre durante o horario de actividade previsto. Haberá, ademais, un espazo de atención ante o acceso á Escola Municipal de Música.

Cómpre lembrar que, durante o ano 2023, foron 4.187 as persoas que acudiron aos puntos violeta promovidos polo Concello, que habilitou dispositivos especiais no contexto do San Xoán, as Festas de María Pita e tamén durante as xornadas da estadía da regata de grandes veleiros Tall Ships Races, no pasado verán.

Documentos:

Descarga a imaxe cos días, horarios e localizacións dos puntos violeta polo Entroido 2024 (642 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión