Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2023

Preinscrición para o período vacacional de verán 2023 nos Espazos de atención á infancia

Apertura do prazo de preinscrición para o verán do 29 de maio ao 2 de xuño.

PREINSCRICIÓN: 29 DE MAIO AO 2 DE XUÑO

HORARIO PRESENTACIÓN: Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas. Tamén se poderá facer a pre-inscrición online na páxina https://www.coruna.gal/igualdade

Será necesario:

· Cubrir a folla de solicitude , presencialmente ou online.

· Ter o expediente actualizado.

· Aportar documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar (ambos proxenitores, se procede): nóminas, último pago de autónomos, prestacións, outros.

PUBLICACIÓN LISTAS DE ADMITIDOS/AS: 15 DE XUÑO no taboleiro dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas ou no 010.

DIAS DE ATENCIÓN: DO 22 DE XUÑO AO 10 DE SETEMBRO

HORARIOS DOS ESPAZOS:

· LABAÑOU/ROSALES: de 8:00 A 15:00 horas.

· CASTRILLÓN: de 16:00 a 20:30 horas.

· MONTE ALTO: de 8:00 a 15:00 horas.

· OS MALLOS: de 8:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:30 (NOVO HORARIO TARDE)

· PALAVEA: de 8:30 a 14:00 horas (MODIFICACIÓN DE HORARIO)

· MESOIRO: de 8:00 a 15:00 horas. Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá ou en horario de tarde. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada. As persoas que precisen a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correspondente xestión.

Teléfono de atención do Servizo de Canguraxe 673 132 372 no horario de 8:00 a 14:00 horas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión