2017
Subvenciones nominativas
13 de novembro de 2017
Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade ASOC PRO ENFERMOS MENTAIS DA CORUÑA deberá presentar a documentación xustificativa do convenio no Rexistro Xeral
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e ASOC. PRO ENFERMOS MENTAIS DA CORUÑA, coa finalidade de contribuír a realizar as actividades de "REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL PARA PERSOAS AFECTADAS POR UNHA ENFERMIDADE MENTAL" , que se desenvolverá durante o exercicio 2017.
13.000,00 €
Con carácter xeral, o recoñecemento da obrigación a favor da beneficiaria e o pago da achega realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LGS.
Tamén poderán realizarse pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará retendo o pago do Concello nesa porcentaxe, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.
ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTAIS DA CORUÑA
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible