2017
Subvenciones nominativas
6 de novembro de 2017
Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade Asociación para a Inclusión de Persoas con Diversidade Funcional deberá presentar a documentación xustificativa no Rexistro Xeral.
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a Asociación para a Inclusión de Persoas con Diversidade Funcional, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: " Realización dun taller ocupacional prelaboral para mocidade límite" , que se desenvolverá durante o exercicio 2017.
6.000,00 €
Con carácter xeral, o recoñecemento do deber a favor da beneficiaria e o pago da achega realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LXS.
Tamén poderán realizarse pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará retendo o pago do Concello nesa porcentaxe, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.
ASOCIACIÓN PARA A INCLUSIÓN DE PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible