Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña para contribuír ao financiamento dos gastos das escola de xoiería La Milagrosa para impartir o oficio de xoiería a persoas con diversidade funcional en situación de desemprego

Ano:

2016

Tipo:

Subvenciones nominativas

Fecha de publicación:

22 de agosto de 2016

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade ASOCIACIÓN GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA CORUÑA GRUMICO deberá presentar a documentación xustificativa no rexistro xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA CORUÑA GRUMICO coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Contribución aos gastos da escola de xoiería La Milagrosa para a impartición do oficio de xoiería a persoas con diversidade funcional en situación de desemprego", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.

Remuneración / Dotación:

28.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento de obriga a favor do beneficiario e o pago da achega realizaranse tras a presentación e aprobación da xustificación nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobro total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 da Lei xeral de subvencións.

Tamén se poderán realizar pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, deberá ser solicitado expresamente pola entidade beneficiaria e deberase constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará mediante a retención do pago polo Concello, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata acadar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, procederase á devolución da cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA CORUÑA

Documentos:

Texto convenio GRUMICO en castelán (135 KB)

Texto convenio GRUMICO en galego (138 KB)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión