Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convenio LEDICIA CATIVA para levar a cabo un proxecto de acollida de nenos e nenas de Rusia en réxime recuperativo de saúde

Ano:

2017

Tipo:

Subvenciones nominativas

Inscricións:

Dende o 08/11/2017

Fecha de publicación:

8 de novembro de 2017

Prazo de presentación:

Finalizada a actividade, ou ben cando a entidade realizase gastos por importe igual ou superior ao orzamento presentado e, en todo caso, antes de que transcorran dous meses desde a finalización da vixencia do convenio, a entidade ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA deberá presentar a documentación xustificativa no Rexistro Xeral.

Obxecto:

O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA, coa finalidade de contribuír a realizar as actividades de "ACOLLIDA TEMPORAL DE NENOS E NENAS DE RUSIA AFECTADAS POLA RADIACIÓN DE CHERNÓBIL EN RÉXIME RECUPERATIVO DE SAÚDE POR FAMILIAS DO CONCELLO DA CORUÑA" , que se desenvolverá durante o presente exercicio

Remuneración / Custo:

3.000,00 €

Abono:

Con carácter xeral, o recoñecemento do deber a favor da beneficiaria e o pago da achega realizaranse tras presentar e aprobar a xustificación, nos termos establecidos neste convenio. Ditarase a resolución declaratoria da perda de dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no art. 37 LXS.

Tamén poderán realizarse pagos anticipados que supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. Neste caso, a entidade beneficiaria deberá solicitalo expresamente e deberá constituír unha garantía do 2% do importe total da subvención, que se realizará retendo o pago do Concello nesa porcentaxe, xa sexa sobre o primeiro pago anticipado ou sobre varios ata alcanzar esta contía. Unha vez efectuada a debida xustificación e se non existe responsabilidade por parte da entidade beneficiaria, devolverase a cantidade retida en concepto de garantía.

Entidade:

ASOCIACIÓN LEDICIA CATIVA

Documentos:

CONVENIO LEDICIA CASTELÁN (101 KB)

CONVENIO LEDICIA GALEGO (98 KB)

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión