Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2017

A Concellería de Participación pon en marcha esta semana o programa de antenas de información xuvenil coa formación das 34 persoas seleccionadas

As mozas e mozos voluntarios recibirán neste curso fundamentos sobre materias como información, asesoramento e orientación, para despois aplicalo nos 19 centros educativos aos que chega este programa

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil, inicia este vindeiro xoves, día 16, o programa de antenas de información xuvenil, que se abrirá coa realización dunha acción formativa destinada ás persoas mozas que foron seleccionadas como voluntarias e voluntarios deste programa. Neste curso as antenas recibirán formación sobre fundamentos e principios básicos da información xuvenil; procesos de información, orientación e asesoramento xuvenil, e ferramentas para a xestión da información.

Para este curso foron seleccionadas 34 antenas  (26 mozas e 8 mozos), que levarán a cabo o seu labor voluntario en 19 centros educativos da cidade da Coruña durante o curso escolar 2017/2018. Como recorda a concelleira desta área, Claudia Delso, o obxectivo deste programa de antenas é crear unha rede de difusión de información de interese xuvenil en centros educativos públicos, como son os de ensino secundario e FP, a Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música, e nos centros concertados con ESO e Bacharelato da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión