Esta é una historia que empeza hai miles de anos, quizais centos de miles. Cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e se preguntaron polo que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.
Para público en xeral
Dende o 16/09/2017 ata o 30/09/2017
Xa rematou
Lunes a viernes de 08.00 h a 21.00 h
Sábado de 09.00 h a 14.00 h y de 16.00 h. a 21.00 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Miles de anos despois, outras mulleres dirixiron a súa mirada ao Cosmos e converteron na súa profesión investigar os seus misterios. Esas son as astrónomas, tamén con A. Foron moitas, moitísimas. En todas as épocas da historia houbo astrónomas. Todas elas, co seu esforzo e dedicación, fixeron avanzar a ciencia.Algunhas realizaron achados transcendentais. Esta exposición mostra algunhas das súas contribucións.
Esta historia tamén fala doutro A, a de astronomía, claro. Resoan ademais moitos outros AS: A de avanzar, A de arela, A de afouteza, A de alegría, A de análise. De aprendizaxe. Pero tamén de algo de amargura, porque as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a moitos obstáculos para desenvolveren o seu coñecemento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible