O Concello colabora con esta iniciativa aberta ao público a través da área de Participación e Innovación Democrática
Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral
07/10/2017
Xa rematou
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
O Ágora acollerá o vindeiro 7 outubro unha xornada aberta a cidadanía baseada nos datos abertos, trátase do segundo 'Hackathiño' de datos abertos, que este ano se centrará en solucións para o fomento da mobilidade sostible. O evento, impulsado polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), xunto a asociación Árticos e o GDG Coruña, conta coa colaboración do Concello da Coruña, a través da área de Participación e Innovación Democrática.
O 'Hackathiño' é un evento que xuntará a profesionais do desenvolvemento de datos abertos, xornalistas de datos, deseñadores e deseñadoras co obxectivo de idear proxectos que melloren, a través de datos abertos, un aspecto en concreto da sociedade.
>> Máis información na nova relacionada
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible