Concello da Coruña

Concello da Coruña

XII Festival Solidario Coruña En Directo

A Sala Túnel no Coliseum será o escenario do XII Festival Solidario Coruña En Directo

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

29/09/2017

Xa rematou

Horario:

Ás 20.00 h

Enderezo:

Sala O Túnel . Avda. Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Convite coa doazón directa de 3€ á ONG Intermon - Oxfam e que incluirá entrada + unha bebida (refresco, zume ou café) de comercio xusto.

Páxina web:

http://locaisdensaio.blogspot.com

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

Locais de Ensaio

locaisdensaio@gmail.com

Departamento de Mocidade

xuventude@coruna.es

Te. 981 184 200 Ext. 12046

Documentos:

Cartaz XII Festival Solidario Coruña En Directo (1 MB)

XII  Festival Solidario Coruña en Directo

A concelleira de Participación e Innovación Democrática presentou unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo, unha iniciativa promovida polos Locais de Ensaio e que ten como finalidade "non só ofrecer un concerto ao vivo, senón colaborar tamén con algunha entidade da cidade". Na cita, que terá lugar desde as 20.00 horas do día 29 na Sala O Túnel, participarán grupos de corte indie que forman parte do Servizo Municipal, como son Harakiri, Proyecto Moucho e Senectud Sideral --participantes nas últimas edicións do Festival Noroeste Estrella Galicia--, Sala 5 e Wondermind, que debutará neste Festival .

Os convites deste concerto solidario, que se poderán retirar o mesmo día do concerto na Sala O Túnel, desde as 19.30 horas, serán a vía de apoio, nesta ocasión, do labor de Intermon-Oxfam e facilitaranse mediante unha doazón de 3 euros á ONG. O convite incluirá unha consumición de auga ou unha bebida de comercio xusto --refresco, café ou infusión--.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión