Concello da Coruña

Concello da Coruña

Balance do proceso participativo metropolitano

Acto de presentación

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/03/2018

Xa rematou

Horario:

Ás 19.00 h

Enderezo:

Palacio Municipal de María Pita. Praza de María Pita 1. 15001 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

Protocolo do Concello da Coruña

protocolo@coruna.es  

Teléfono 981 184 226

A Estratexia Metropolitana da Coruña xorde como un instrumento para actuar sobre novos obxectivos, resolver os problemas existentes e ofrecer propostas alternativas para conseguir unha área urbana mellor, tomando como base o traballo desenvolvido xa polos distintos concellos que a conforman.

Actualmente a área urbana que se enmarca na Área Metropolitana da Coruña (AMAC), do mesmo xeito que noutras áreas urbanas europeas, ten que facer fronte a diferentes retos que abarcan desde os cambios demográficos ata as consecuencias do estancamento económico en termos de creación de emprego, pasando polo impacto do cambio climático.

Esta aposta pola AMAC faise coa garantía de que a participación permitirá definir liñas de actuación prioritarias para abordar os retos económicos, ambientais, climáticos, sociais e demográficos aos que ten que facer fronte unha área metropolitana que pretende iniciar a súa andaina como tal.

BALANCE DO PROCESO PARTICIPATIVO METROPOLITANO

O acto final do balance do Proceso Participativo Metropolitano, que contará coa presenza de Alcaldes e Alcaldesa dos concellos da área terá lugar o vindeiro 20 de marzo, ás 19.00 h, no salón de plenos do Concello da Coruña.

As confirmacións de asistencia realizaránse a través do enderezo electrónico protocolo@coruna.es  ou no teléfono 981 184 226

Ofrecerase un servizo de conciliación para a atención de menores e de interpretación de lingua de signos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión