Convocatoria pública
Para público en xeral
Dende o 16/06/2017 ata o 30/06/2017
Xa rematou
10 días hábiles que se contarán desde a súa publicación
Concellaría de Participación e Innovación Democrática
Praza de María Pita, 1 -2º
Tel.: 981 184 200 Ext.: 10238
participacion@coruna.es
2017 Bases da convocatoria para a dinamización xuvenil na Sagrada Familia (1 MB)
INTRODUCIÓN
A Concellería de Participación Cidadá e Innovación Democrática do Concello da Coruña, a través do Departamento de Xuventude, ten entre os seus obxectivos desenvolver actuacións que procuran incidir en mellorar a vida dos mozos e mozas da cidade.
Dende o Concello da Coruña tenta atenderse a todas as temáticas e ámbitos que interesan e afectan á xuventude a partir do coñecemento da súa realidade e da interlocución constante coas mozas e mozos da cidade. O traballo neste eido está baseado na relación directa, na oferta de servizos múltiples e na programación de actuacións e accións conxuntas destinadas a promover e impulsar o desenvolvemento dos intereses e proxectos individuais e colectivos da mocidade.
Neste contexto ponse en marcha un proxecto de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia, baseado na interlocución e no traballo de proximidade, que permitirá:
- Coñecer e identificar intereses e necesidades da mocidade do barrio da Sagrada Familia
- Motivar á acción ás mozas e mozos do barrio.
- Poñer en marcha un espazo de referencia para a mocidade no barrio
- Co-deseñar e levar a cabo actividades coa mocidade
- Co-deseñar estratexias de comunicación e mediación coa mocidade
Para poder levar a cabo estas actuacións considérase necesario licitar un contrato de dinamización xuvenil no barrio da Sagrada Familia
OBXECTO
Esta convocatoria ten como obxectivo a selección dunha persoa física ou xurídica que desenvolva o servizo de poñer en marcha un proxecto de dinamización, comunicación, mediación e difusión xuvenil no barrio da Sagrada Familia coas funcións detalladas nas bases da convocatoria.
A duración do proxecto será desde xullo ata decembro de 2017.
A adxudicación dos traballos á proposta mellor valorada realizarase mediante resolución da concelleira de Participación e Innovación Democrática e formalizarase mediante contrato menor, conforme ao establecido no artigo 138 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (LCSP).
>> Ver bases completas da convocatoria no documento de descarga
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible