Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de outubro de 2018

O alcalde empraza ás administracións con competencias no espazo portuario "a repensar as novas condicións urbanísticas do bordo litoral" de cara á xuntanza da comisión de seguimento dos convenios de 2004

Xulio Ferreiro confía que o Goberno do Estado impulse a necesaria construción do acceso ferroviario a Punta Langosteira

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, valorou positivamente esta maña a proposta da convocatoria da comisión de seguimento dos convenios asinados no 2004 vinculados á venda dos terreos dos peiraos interiores da Coruña. "Levamos semanas dicindo que era o momento de pasar das boas sensacións aos feitos, polo é positivo que se avance nesta convocatoria da comisión, como levamos tanto tempo pedindo desde o Concello da Coruña", sinalou o rexedor, quen mostrou a súa vontade de colaboración e agarda que esta xuntanza "marque o inicio da revisión dos convenios e permita dar por finalizada a formulación concreta que teñen uns documentos que supoñen a venda dos terreos portuarios".

"A reunión da comisión ten que servir para que todas as administracións con competencias no espazo portuario sentemos a deseñar, en común, o futuro do noso bordo litoral e, polo tanto, as novas condicións urbanísticas para a protección da fachada marítima da Coruña", sinalou Ferreiro, quen lembrou que esta cuestión non exime de poder avanzar noutras liñas de traballo, como é a constitución dun ente público de cooperación interadministrativa, o estudo as fórmulas de condonación ou alivio da débeda da Autoridade Portuaria da Coruña "para que se poida discutir a formulación e ordenación urbanística sen a carga que supón esta débeda", ou a definición do proxecto de financiamento do tren do porto exterior.

Neste sentido, Xulio Ferreiro destacou a relevancia funcional, operativa e económica que supón a conexión ferroviaria con Punta Langosteira. "Desde o Concello da Coruña agardamos que se poida avanzar no impulso á construción, necesaria e imprescindible, do acceso ferroviario, e o que foi un compromiso tan laxo do anterior goberno central se manteña por parte do actual executivo", apuntou o alcalde, quen lembrou que o goberno local segue a avanzar na composición do xurado que formará parte do concurso de ideas sobre o bordo litoral.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión