Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Participación e Innovación Democrática

Parque de Santa Margarita

Enderezo:

Glorieta América s/n. 15005 A Coruña

Horario:

Non ten un horario fixo. Permanece aberto durante as horas de luz solar, isto implica que o horario se vaia modificando paulatinamente entre verán e inverno. Con todo, algún dos accesos permanece aberto de forma permanente.

Trátase dun parque rodeado o armazón urbano e no seu interior atópase a Casa das Ciencias, un dos museos coruñeses

Inaugurado en 1977, alberga máis de 70 especies botánicas procedentes de distintos continentes destacando a presenza de Abies pinsapo, Acacia sp, Quercus sp, Ailanthus altissima, Magnolia sp ou Taxus sp, etc. Conta cun pequeno estanque para aves acuáticas, zona de xogos infantís e edificio de servizos, zona de xogos e un anfiteatro ao aire libre. O último fin de semana do mes de agosto celébrase na súa contorna a romaría de Santa Margarita.

Especies máis destacadas:

  • Pinus radiata D. Don.
  • Acer pseudoplatanus L.
  • Platanus x hispanica Mill.
  • Myoporum laetum R.Br.
  • Eucalyptus globulus Labill.
  • Robinia pseudoacacia L.

Está situado nunha céntrica lomba que domina toda a cidade, e é o parque de maior tamaño da Coruña. Na súa parte máis elevada (61 m sobre o nivel do mar), atópase a Casa das Ciencias. No lado Este, atópase o Palacio da Ópera, sendo o acceso desde a Glorieta de América.

Entre as súas instalacións cóntase un parque infantil, un anfiteatro ao aire libre e bancos e mesas para merendas e comidas.

O último fin de semana do mes de agosto celébrase na súa contorna a Romaría de Santa Margarita.

Acceso:

  • Libre e gratuíto.
  • En principio está prohibido o acceso de vehículos, aínda que se autoriza o paso
    aos autobuses de excursións.

Accesos ao parque:

  • Cale Pai Sarmiento: é a entrada pola que acceden os autobuses, posúe un pequeno aparcadoiro.
  • Avda. Finisterre, esquina Cale Pombal.
  • Cale Pombal: é unha escalinata á altura do Palacio da Ópera. Está aberta as 24 horas.
  • Avda. Arteijo.
  • Rolda Nelle.

Área canina:

  • Dispón de zona de xogos, bebedoiro, mesa de cepillado e ducha.

Datos de interese:

  • Inauguración: 15 de xullo de 1977, sendo alcalden José Manuel Liaño Flores.
  • Na súa parte máis elevada, 61 metros sobre o nivel do mar, atópase a Casa das Ciencias. No lado Este, atópase o Palacio da Ópera, sendo o acceso desde a Glorieta de América.
  • Extensión do Parque: aproximadamente 53.000 metros cadrados.
  • No parque está plantado un das maceiras do «Bosque de Newton», réplica exacta do que inspirou ao científico.

      • Concello da Coruña
        • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
        • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
        • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
      Tes un navegador demasiado antigo!

      Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

      ?