18 de setembro de 2018
A Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras organiza anualmente un Programa de Formación en Consumo dirixido á poboación adulta.
De forma continua, na OMIC desénvolvense actividades formativas con diferentes temas de actualidad que pretenden achegar ás persoas consumidoras cales son os seus dereitos e como defenderse.
Os diferentes obradoiros e charlas teñen unha duración aproximada de 90 minutos e impártense nas instalacións da OMIC. Están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, en grupos mínimos de 15 asistentes.
Todas as actividades para adultos son gratuitas e poden e poden inscribirse a través da páxina www.coruna.gal/omic
As vindeiras charlas e obradoiros son:
Horario: 11:30 a 13:00 horas
Lugar: Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras
Rúa Costa da Palloza, 8
15006 A Coruña
A Coruña
Para máis información ou solucionar calquera dúbida pódese chamar ó 981.189.820 ou escribir un correo electrónico a omic@coruna.es.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible