Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

OMIC

Menores e consumo

Construción de xoguetes

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Tomar conciencia de que para xogar non hai que ter necesariamente un xoguete novo. Ter unha actitude positiva cara á creación de xogos e xoguetes. Aprender a construír xogos e xoguetes baseándonos en materiais de refugallo. Descubrir que fabricar xoguetes pode ser entretido, divertido e útil. Estimular a imaxinación e a creatividade dos nenos e nenas. Poñer en práctica técnicas de reutilización e reciclaxe de materiais entre o estudantado.

Descrición:

Neste taller fomentamos a creatividade animando a que cada participante invente, deseñe e constrúa diferentes xoguetes a partir de elementos e materiais de refugallo. Desta maneira traballamos sobre a idea de que se pode xogar con calquera cousa e ademais contribuímos á formación dunha conciencia máis ecolóxica, sensibilizada na minimización dos residuos.

Outros contidos relacionados

Xogar sen xoguetes

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Tomar conciencia de que poden xogar sen xoguetes. Aprender xogos sinxelos para o desenvolvemento dos sentidos. Ser conscientes de que para divertirse non son necesarios os xoguetes. Transmitirlles ás e aos menores xogos pedagóxicos que favorecen o seu desenvolvemento físico e psíquico. Capacitar os nenos e as nenas para que inventen os seus propios xogos.

Descrición:

Levamos a cabo unha sesión didáctica conformada por xogos moi divertidos nos que non fai falta ningún tipo de material ou xoguete.

Outros contidos relacionados

Outros contidos relacionados

  • Logo Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?