Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Ágora

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

JOSÉ C. VALES- Libros en directo

Libros en directo terá como convidado a José C. Vales, Premio Nadal 2014, para presentar a súa nova novela Cabaret Biarritz.

Cando:

19/02/2015, de 20:00 a 22:00

Este evento xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organizador:

Polisemias

JOSÉ C. VALES, desenvolveu un destacado labor como editor e tradutor.

Nos últimos anos traduciu ao castelán varios libros da editorial Impedimenta, como A filla de Robert Poste de Stella Gibbons ou o Diario do ano da peste de Daniel Defoe. Como editor é o responsable da edición renovada dos Contos de Nadal de Dickens (Espasa, 2011), do Orgullo e prexuízo de Jane Austen que publicou Austral no 2013 ou do Frankenstein de Mary Shelley que Espasa sacou á rúa no 2009. Tamén editou, por exemplo, as Memorias de Chavela Vargas.

Cabaret Biarritz é a súa segunda novela, pois no 2013 publicou O pensionado de Neuwelke (Planeta), obra de aire decimonónico ambientada nun pensionado de señoritas.

A nova novela de José C. Vales, Cabaret Biarritz, está protagonizada por Georges Miet, un escuro autor francés de novelas populares que, a finais dos anos 30, escribe historias por encargo do seu editorial, A Fortune. Un día, o seu editor pídelle que novele uns acontecementos dramáticos que conmocionaron en 1925 a cidade de Biarritz, ao descubrirse, tras unha tormenta, o cadáver dunha moza da localidade coa perna enganchada nunha argolla do porto. Miet trasládase á cidade, e nela realiza unha infinidade de entrevistas a persoas que puideron ter algo que ver coa vítima ou o crime, desde personaxes da alta sociedade a membros do servizo, o xuíz que instruíu o caso ou o enterrador. E a novela, de feito, vaise constituíndo a través destas entrevistas, polo que se pode falar dunha crónica xornalística de ficción. O xurado do Premio Nadal destaca a súa faceta "extravagante e divertida" e que "a través da indagación dun crime esbózase o retrato dunha sociedade de entreguerras en que conviven as ríxidas normas sociais coa axitación do momento". Eses anos 20 en que o veraneo en Biarritz –como en San Sebastián– formaba parte do circuíto máis selecto da comunidade internacional.

O ciclo Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña e organizado por Polisemias , coordinado por Pedro Ramos, conseguiu convocar na Coruña os autores máis relevantes da actualidade editorial para que os lectores coñezan, por boca dos propios autores, a súa traxectoria vital e creativa así como os detalles da obra en cuestión.

Compartir en Tuenti
  • Ayuntamiento de A Coruña Concello da Coruña
  • Logotipo FEDER
  • Logotipo Urbana-C
    • Ayuntamiento de A Coruña / Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • Teléfono: 981 184 200 | 010
     ¦ 
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?