Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio

COMO PARTICIPAR NA VOTACIÓN E NOS DEBATES SOBRE OS PROXECTOS PARA O PORTO?

O Concello da Coruña convocou un concurso de ideas co obxectivo de xerar propostas e fomentar o debate público sobre o futuro dos terreos do porto da Coruña.

O xurado valorou as propostas presentadas e seleccionou cinco proxectos gañadores que agora pasan a ser obxecto de reflexión, debate e votación por parte da cidadanía.

O prazo para votar as propostas ten unha duración dun mes a partir do 26 de febreiro de 2019, data de apertura da exposición na que se mostran o cinco proxectos gañadores, e que se poderá visitar no Pazo Municipal de María Pita até o 17 de marzo, de luns a domingo de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h.

Ademais, o día 27 de febreiro ás 19:30 preséntanse publicamente o cinco proxectos gañadores en Tribuna Pública (Praza da Fábrica de Tabacos).

Entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo a cidadanía pode votar este cinco proxectos e participar nos debates, sempre a través da plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es e nos seguintes puntos presenciais: Palacio Municipal de María Pita, Centro Ágora e Forum Metropolitano.

A votación segue un sistema específico: procederase a valorar en que medida responden cada un dos proxectos gañadores a cinco cuestións básicas, que xurdiron como "retos" durante o proceso previo de investigación "Tecendo Litoral". Acceso á documentación

  1. Integración urbana entre porto e cidade
  2. Mobilidade e accesibilidade
  3. Sustentabilidade
  4. Modelo económico
  5. Participación cidadá

A participación na votación e nos debates pode facerse unicamente a través da plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es, aínda que as persoas que o desexen poderán acudir a votar presencialmente en tres puntos especialmente habilitados para iso no Palacio Municipal de María Pita, Fórum Metropolitano e Ágora.

Explicación do concurso

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión