Concello da Coruña

Concello da Coruña

RPT e cadro de persoal

Tanto a RPT como o cadro de persoal inclúen todos os postos de traballo existentes nunha Administración, pero mentres o cadro de persoal unicamente recolle a previsión do gasto que ocasionarán, a RPT determina as características esenciais de cada posto de traballo concreto.

Relación de Postos de Traballo

A Relación de Postos de Traballo (RPT) é o instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal de acordo coas necesidades dos servizos, indicando os requisitos esixidos para o desempeño de cada posto (titulación específica, carnés necesarios, licenzas especiais...), así como a súa denominación, características esenciais deles (complementos de destino e específicos) e determinación das súas retribucións complementarias. Por tanto a modificación de cada posto de traballo só se pode modificar a través desta e non por unha simple aprobación do Cadro de Persoal Orgánico.

É o principal instrumento organizativo e de xestión de recursos humanos nas administracións, posto que deseña a súa estrutura interna, ordenando e clasificando ao persoal segundo a realización concreta do traballo para desenvolver. Mediante a RPT racionalízase e ordénase a función pública e é un instrumento esencial da política de persoal ao incluír nela a dimensión económica ou orzamentaria. Teñen un contido máis amplo que os cadros de persoal.

Cadro de persoal

O cadro de persoal municipal é o conxunto de prazas creadas pola Administración local agrupadas en corpos, escalas, subescalas, clases e categoría non funcionarial. O cadro de persoal materializa a estrutura de persoal. O cadro persoal non contén postos de traballo, senón prazas e titulares destas. Ten un ámbito máis reducido e un marcado carácter orzamentario, pois non determina as características esenciais do posto nin requisitos para a súa ocupación; a súa finalidade é distinta e por iso está exento da preceptiva negociación sindical.

En definitiva, a súa aprobación implica a súa dotación nos orzamentos, polo tanto publícase cada ano no correspondente Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Documentación

  • Anuncio publicación BOP aprobación inicial da modificación puntual da RPT (118 KB)
  • Informe-proposta da aprobación inicial da modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (2 MB)
  • Certificado do acordo da aprobación inicial da modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (842 KB)
  • Anuncio publicación BOP aprobación definitiva RPT (200 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión