Espectáculo baseado no libro-cd "A voar. Un conto para soñar con música para brincar", do Cê Orquestra Pantasma e editado por Miudiño S. Coop. Galega
Familias
Familias
11/06/2019
Xa rematou
Dende o 06/06/2019 ata o 11/06/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas de 3 a 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
18.00 horas
1 h aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
Ao son do enerxético ritmo de Cê Orquestra Pantasma, A Voar! pretende axudar as nenas e nenos a reivindicaren a confianza necesaria para satisfaceren as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre; así pois, rapazada... a voar!!
Esta actividade desenvolverase na aula 7 do Centro Ágora.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible