Con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón primavera 2023, con Abraham Cupeiro en concerto.
Para público en xeral
19/05/2023
Xa rematou
Dende o venres 12 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (19 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
21.00 horas
90 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde con invitación
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
Esta edición do AgoraSón terá como protagonista o músico multiinstrumentista Abraham Cupeiro que, xunto coa Orquestra de Cámara Atlántica, nos presentará o seu traballo "Os sons esquecidos".
O Servizo de Normalización Lingüística, o 19 de maio ás 21.00 h, volve organizar o concerto do AgoraSón primavera (co gallo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.
O evento terá lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora o día 19 de maio ás 21.00 horas.
"Os sons esquecidos" é coma unha viaxe no tempo. É unha busca das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear algo novo e abraiante. Mesturaranse instrumentos de épocas pasadas cunha orquestra moderna. Escoitaremos o karnyx (instrumento de guerra) evocando o son de sereas, golfiños e o mar en pezas orixinais compostas por Abraham Cupeiro. A corna evocaranos cantos populares improvisados. Músicas e instrumentos, como o tango e o cornetto, separados no tempo, acoplaranse dun xeito natural como se fosen imaxinados na mesma época. Os sons esquecidos é a busca da esencia, do primeiro, unha viaxe pola historia e os sentimentos enraizada no presente, un traballo a prol da recuperación de instrumentos e sons esquecidos que vai moi ligado á recuperación para a nosa lingua propia de máis funcións sociais e máis espazos de uso.
A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais.
Repartimento de invitacións
Repatiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o venres 12 de maio nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.
Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible