Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. ARTES ESCÉNICAS

En ARTES ESCÉNICAS, durante a semana do 20 ao 26 de outubro, o Festival Agra Directo estará dedicado á escena.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral.

Cando:

Dende o 20/10/2014 ata o 26/10/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuítas.

Requisitos:

Algunhas actividades requiren inscrición previa en agradirecto@coruna.es. Consulta o formulario de inscrición previa dentro da ficha de cada actividade.

O prazo de inscrición finaliza 2 días antes do comezo de cada actividade.

No caso de inscrición de menores, é necesario achegar unha autorización asinada de pai/nai ou titor/a.

Páxina web:

http://www.coruna.es/agradirecto

Agra Directo é tamén un foco de difusión de arte emerxente e un trampolín para creadores locais que mostrarán proxectos artísticos de maneira aberta e gratuíta nas rúas, prazas e comercios do barrio contando coa participación de todos os veciños.

A sección oficial divídese en CATRO EIXOS TEMÁTICOS, un por cada unha das catro semanas do Festival: Arte urbana, Fotografía, Sostenibilidade e Artes escénicas.

CUARTA SEMANA: ARTES ESCÉNICAS

A compañía galega Teatro do Andamio dirixirá a creación e interpretación colectiva dunha peza teatral ao longo dunha semana. Do 20 ao 24 de outubro, os veciños do barrio, 16 persoas inscritas previamente, converteranse en improvisados actores de teatro. Os participantes no taller crearán situacións, concibirán personaxes e espazos e deseñarán vestiario e escenografía. A estrea da obra clausurará Agra Directo nun acto que congregará a todos os veciños e persoas que fixeron posible o festival no Centro Ágora o 26 de outubro.

Completará o programa teatral o taller de teatro Integra2, dirixido a inmigrantes e persoas en risco de exclusión e que impartirá o colectivo Accem no Centro Ágora.

O artista galego Enrique Tenreiro protagonizará a performance O consumidor consumido na que, emulando o protagonista da película "La cabina", permanecerá no interior dunha neveira, instalada xunto ao Mercado das Conchiñas, vestido de executivo consumista atrapado no propio consumo.

Por último, Martín Félix Massa realizará unha instalación de vídeo-mapping nun espazo público de tránsito que interaccionará co público asistente.

As tres actividades desenvolveranse o 25 de outubro.

Agra Directo forma parte do proxecto Urbana C da Concellería de Cultura do Concello da Coruña co financiamento dos fondos europeos FEDER.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión