Concello da Coruña

Concello da Coruña

Agustín Fernández Mallo e Manuel Rivas - Libros en directo

No primeiro encontro do ciclo "Libros en directo" do 2014 Agustín Fernández Mallo presentará a súa novela "Limbo", na compaña de Manuel Rivas.

Cando:

30/01/2014, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Páxina web:

http://blogs.alfaguara.com/fernandezmallo

Organiza:

Polisemias

Libros en directo, ciclo desenvolvido pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña, busca achegar as novidades editoriais á nosa cidade a través dunha conversa entre o autor e o coordinador do ciclo, Pedro Ramos, aos que, nesta ocasión, se sumará Manuel Rivas.

A nova novela de Agustín Fernández Mallo, autor do Proxecto Nocilla, reúne aventura, amor, morte, supervivencia, medo, a idea do clon e as duplicidades; temas que se abordan neste puzzle armado con pezas extraídas de diferentes caixas que lembra a Roberto Bolaño pola multiplicidade de recursos, voces narrativas, historias e escenarios.

Os próximos autores que participarán no ciclo Libros en directo son: Eduard Punset, o 24 de febreiro, Valerie Tasso, o 26 de marzo e Eloy Tizón, o 21 de abril.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión