Akari é luz. Investiga as súas propiedades e a súa particular forma de viaxar polo aire: a luz, a penumbra, a sombra e a escuridade.
Espectáculos para público de 1 a 3 anos.
Familias, Para público en xeral
05/11/2017
Xa rematou
11.30 e 13.00 h.
SOLICÍTASE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACESO Á SALA
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 6'00 euros
Abono 3: 15'00 euros
Menores de tres anos: 2'00 euros
Capacidade reducida
**Todos os que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo, deben facelo con entrada
Mostra a necesidade que sentimos de aproximármonos a un raio de luz para quentarmos a nosa pel e de por que todos pechamos os ollos ao facelo. Poñémoslle obstáculos para impedir que continúe cara a adiante, sempre en liña recta, sempre en liña recta... Vímola nos ollos do outro e sentimos como ás veces se coa dentro de nós e como nos alaga. Entón parece que sae despedida pola xema de cada dedo, e que rodea o noso corpo ao andar. Escápasenos polo peito e a nosa mirada lánzase cara a adiante sempre en liña recta, sempre en liña recta.
A través da danza, a luz interior de cada un de nós brilla dun modo especial e único!!
... Con este espectáculo indágase na maneira na que se desenvolve a sensibilidade dun bebé e a súa visión dos outros
Interpretes: Inés García e David Barrera
DIRECCIÓN e coreografía: Omar Meza
DIRECCIÓN TEATRAL e TEXTOS: Julia Ruíz Carazo
VENDA DE ENTRADAS
DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE De luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
DESPACHO DE BILLETES DE ÁGORA Aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
TELEVENDA: 902 044 226 (De luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h) e na web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible