Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Arrolos de salitre", de Faia Díaz e Guillerme Fernández

Espectáculo para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

11/04/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/04/2023 ata o 11/04/2023

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de ata 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

Horario:

Dous pases: 17.00 e 18.30 horas 

Duración:

45 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

40 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

As familias poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce de tradición oral ao arrolaren os seus e as súas bebés e trasmitírenlles desde o comezo o apego á nosa lingua, música e cultura. Melodías tradicionais coa voz de Faia Díaz e a guitarra de Guillerme Fernández para aprendermos entre todas e todos. 

Tamén poderán asistir as familias que agardan un/unha bebé, que se teñen que poñer en contacto con nós previamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal 

A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: 

Haberá que se inscribir previamente no horario escollido en https://www.coruna.gal/lingua/gl/axenda/proximas-inscricions

Pídese puntualidade.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión