Localidades esgotadas para os dous pases!
Familias, Infancia
04/10/2020
Xa rematou
Entradas esgotadas
11.30 e 13.00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
6,00 euros
Menores de 3 anos: 2,00 euros
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 15,00 euros
* Capacidade moi reducida
* Todas as persoas que accedan ao espazo en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
* Venda por unidade familiar. Mínimo 2 persoas máximo 4.
REQUISITOS:
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Cando aparece a lúa, pouco a pouco toda a cidade se cobre de pequenas luces. Onde acenderán a próxima luz? Que historias agochan as casas? Na noite, as rúas baleiras énchense de soños e a lúa énchenos coa súa luz. Esta é a historia dun feliz encontro.
Con esta montaxe, a compañía reflexiona sobre a problemática e as vivencias actuais da infancia e da cidade. Recoñecen as nenas e os nenos como cidadás e cidadáns. Recoñecen o seu espazo e o seu tempo e valoran a súa participación na vida das cidades. Abordan o espectáculo e mais esta temática a través dun xogo creativo cheo de metáforas onde se amosa a cidade encadrada no ciclo día e noite. A cidade como un espazo posible para todos e para todas
Autoría: Elisa Vargas
Dirección: Julia Ruíz Carazo
Intérpretes: Iker Pérez e Ángela Cáceres
Venda de entradas
Despacho de billetes da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Fórum: día do espectáculo desde unha hora antes (só se quedan localidades)
Venda telefónica: 662 867 109
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible