Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Cardoña. Fotos a 7 pesetas", de Carlos Lorenzo

Presentación do documental

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/03/2023

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Duración:

30 min + coloquio

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade do auditorio do centro

O xoves 23 de marzo, ás 20.30 h, no auditorio do Centro Ágora estrearemos o documental "Cardoña. Fotos a 7 pesetas", a cargo do seu director, Carlos Lorenzo. Presentarase tamén o equipo e participantes na película e haberá un coloquio posterior co público.

"Cardoña. Fotos a 7 pesetas" é unha curtametraxe documental de 30 minutos de duración que aborda a historia do fotógrafo galego José Gestal, que todo o mundo coñecía como Cardoña. Esta película créase para poñer en valor os fotógrafos populares que facían o seu traballo polas vilas e aldeas galegas no século XX. O filme percorre a traxectoria de Cardoña e incide na dureza do seu traballo, tendo en conta que perdera a vista dun ollo e algúns dedos dunha man, o papel que xogaba no negocio a súa dona María, o valor dos arquivos de imaxes tiradas por fotógrafos entre os anos 40 e 70 do século XX e a necesidade de conservar ese patrimonio. Interveñen no documental Matilde Gestal (filla de Cardoña), os fotógrafos Xurxo Lobato e Xoán Piñón, o fotohistoriador Carlos Castelao e o investigador e fotógrafo Manuel Sendón.

A actividade está dirixida ao público en xeral. A entrada será libre ata completar a capacidade do auditorio do Centro Ágora.

Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión