Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo de cinema Amal: EID e RABAT

EID, Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe documental e RABAT, Premios Amal 2012 á mellor longametraxe de ficción, á mellor dirección e á mellor interpretación masculina. O Festival de cinema Amal, o único festival de cinema euroárabe de Europa, chega ao Ágora na súa décima edición.

A quen vai dirixido?:

Todo público.

Cando:

11/09/2013, de 20:30 a 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

9 e 65 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Organiza:

Fundación Araguaney - Ponte de Culturas

EID Suliman é un artesán do plástico que vive en Palestina baixo a ocupación israelí, onde se dedica á fabricación de obxectos con pezas que os demais considerarían de refugallo. A pesar de non contar coa aprobación da súa comunidade, conságrase con paciencia e paixón á construción de miniaturas, unha tarefa que lle fai ser optimista ante a situación de conflito que se vive nos territorios palestinos.

O Colectivo Saaheb está composto por un grupo de amigos que cren no poder da arte e da creatividade como medios de transformación social. O Colectivo Saaheb fundouse en 2011 e “Eid”, que significa festa en árabe, é o seu primeiro proxecto colectivo.

Dirección: Saaheb Collective

Duración: 9 min

País: Palestina

Ano: 2011

 

RABAT

Nadir, Abdel e Zakaria son tres amigos que pon rumbo a Marrocos dende Holanda para cumprir cun favor aparentemente sinxelo: entregar o taxi do pai de Nadir ao home que o comprou. Durante o camiño vivirán situacións inesperadas e encontros con persoas que marcarán as súas decisións. Rabat non só fala da amizade dos tres mozos, senón tamén do conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nas sociedades occidentais.

Víctor Ponten (Arnhem, 1981) e Jim Taihuttu (Veno, 1981) coñecéronse por casualidade no 2000, os dous tiñan a mesma melodía nos seus teléfonos móbiles. Foi o comezo dunha fermosa amizade que os levou a crear a súa propia produtora: Habbekrats. Con ela escriben, dirixen e producen no 2010 a súa primeira longametraxe, RABAT, que se estreou con éxito nos cinemas holandeses no 2011.

Dirección: Jim Taihuttu e Victor Ponten

Duración: 65 min

País: Holanda

Ano: 2011

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión