Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo de cinema Amal: ENSEMBLE E BROMAS APARTE

ENSEMBLE, Premio Amal 2012 á mellor curtametraxe de ficción e BROMAS APARTE, en busca do humor en Cisxordania. O Festival de cinema Amal, o único festival de cinema euroárabe de Europa, chega ao Ágora na súa décima edición.

A quen vai dirixido?:

Todo público.

Cando:

12/09/2013, de 20:30 a 23:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

17 e 54 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Organiza:

Fundación Araguaney - Ponte de Culturas

ENSEMBLE

París, 1942. Isaac, un neno xudeu, escapa dos nazis e refúxiase na Gran Mesquita de París. O Imán desta, Ahmed, axúdalle e acólleo. Esta curta, baseada nunha historia real, móstranos a hospitalidade e cooperación xurdida entre a cultura musulmá e xudía no contexto de intolerancia e racismo do holocausto nazi.

Mohamed Fekrane é un director de cinema francomarroquí. Licenciouse en Comunicación Audiovisual en París e en Dijon, e dende 1994 traballou para a Paramount, Sho TV e realizou dous capítulos de “24” para a Fox. Presentouse a distintos festivais de cinema internacionais como Toronto, Sundance, Berlín e Dubai e está a preparar a primeira longametraxe que realiza en Marrocos: “Injuste”, sobre a vida do líder rifeño Abdelkrim El Khattabi.

Dirección: Mohamed Fekrane

Duración: 17 min

País: Francia

Ano: 2011

 

BROMAS APARTE

Convencida de que o humor non ten fronteiras, unha realizadora lánzase, nun periplo nada habitual, en busca do humor en Cisxordania. Chistes, comentarios políticos burlóns e anécdotas do cotián, mergullarana nun dos conflitos máis complexos da actualidade, onde ademais de controis e barreiras, tamén existe un espazo para as bromas.

Vanessa Rousselot é unha directora francesa moi nova que percorreu Cisxordania en busca do humor palestino. Os produtores apostaron pola promoción online do documental. Tamén realizou unha serie de retratos de debuxantes de cómics de Cartooning for Peace orixinarios do mundo árabe.

Dirección: Vanessa Rousselot

Duración: 54 min

País: Francia, Palestina

Ano: 2010

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión