Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo de cinema Amal: LE THÉ OU L'ELECTRICITÉ

Premio Amal 2012 á mellor longametraxe documental. O Festival de cinema Amal, o único festival de cinema euroárabe de Europa, chega ao Ágora na súa décima edición.

A quen vai dirixido?:

Todo público.

Cando:

10/09/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

93 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Entrada libre ata completar aforamento.

Organiza:

Fundación Araguaney - Ponte de Culturas

“Le thé ou l'électricité” é a historia da modernización dunha pequena aldea illada no corazón do Alto Atlas marroquí. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentres uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Axiña se dan conta do complicado que resultará chegar a un acordo.

Jérôme le Maire (Liege, 1969) é un guionista e cámara belga. É tamén o director do longo de ficción “Le Grand Tour” (selecconado no Festival International de Róterdan e en Cannes) e do documental “Où est l'amour dans la palmeraie?” seleccionado nos European Academy Awards premios ARTE.

Dirección: Jérôme le Maire

Duración: 93 min

País: Bélxica, Marrocos

Ano: 2012

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión